Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto pon en marcha dúas casas do maior como centro de día

Por 29 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Riotorto porá en marcha os próximos días dúas casas do maior, que funcionarán como centro de día con unha capacidade para 10 persoas.

As dúas casas, situadas fronte a gasolineira local, levan o nome de Pobo de Miranda I e II e terán unha capacidade de dez persoas.

Será un servizo gratuíto para os veciños e só pagarán aqueles que coman non centro, cinco euros. Terá un horario de apertura de 9 a 17 horas.

Esta iniciativa de dúas emprendedoras da vila contou coa subvención da Xunta de Galicia para o acondicionamento do centro.

As persoas que poden beneficiarse deste servizo teñen que ter recoñecida a dependencia en grado I ou II e ser maior de 60 anos de idade sen dependencia recoñecida.

Aqueles interesados en entrar nestas casas do maior deberán acudir a Servizos Sociais do Concello para tramitar a correspondente solicitude en horario de 9 a 14 horas.