Skip to main content
Vegadeo

A comisión de festas de Vegadeo decidiu crear uns almanaques do 2022

Por 15 Novembro, 2021Febreiro 2nd, 2022Sin comentarios

Despois do éxito que os calendarios do ano pasado tiveran entre os veciños, a comisión de festas de Vegadeo decidiu crear conxuntamente co fotógrafo Alberto Fernández de la Torre os do 2022, que xa están dispoñibles e pódense adquirir nos comercios Foto Antonio, Librería Casa Pérez, Librería Patefa e Librería San Pedro.

Por outra banda, a escola municipal da saúde de Vegadeo organiza un taller de recursos persoais ante a crise da covid. Esta actividade está dirixida a toda a veciñanza e será o martes 14 e xoves 16 de decembro ás 17.30 horas no centro social de maiores de Vegadeo. O curso estará impartido pola psicóloga Eva María Rosado García e para participar é necesario a previa inscrición no Concello ou chamando ao teléfono 697 163 640.