Skip to main content
Xove

Xove presentou o Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero e o Calendario pola Igualdade

Por 26 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove presentou o Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero e o Calendario 2022 pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Así, por primeira vez, o Concello de Xove conta con este documento que actúa en tres ámbitos, o primeiro, o de información, sensibilización e implicación da poboación na loita contra esta lacra social. O segundo o de atención personalizada e integral das vítimas de violencia de xénero, e o terceiro, o de coordinación entre os axentes implicados para garantir os recursos.

No tocante aos calendarios 2022 pola Igualdade, estes almanaques foron realizados polas rapazas e rapaces, que participaron no taller de sensibilización Xeración 20=22, realizado durante o mes de xullo. Dende o Concello de Xove queren agradecer a Ángel, Christian, Uxía, Daniel, Carla, Melany, Lucía, Omar, Carla, Aroa e Alicia pola súa participación como autores e autoras deste almanaque.