Skip to main content
Xove

O Concello de Xove convoca un Concurso de Escaparates de Nadal 2021

Por 27 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove convoca un Concurso de Escaparates de Nadal 2021. O obxectivo principal desta iniciativa é a de potenciar a imaxe dos establecementos comerciais a través dos seus escaparates durante as festas de Nadal, contribuíndo así á mellora da ambientación destas festas e das rúas comerciais.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais do municipio. Cada establecemento só poderá participar no concurso con un único escaparate.

A decoración dos escaparates amosarán unha composición ou ambiente propio do Nadal, sendo de total liberdade a técnica e o estilo utilizado. Cada establecemento denominará con un título a decoración do seu escaparate.

Os interesados en participar neste concurso deberán realizar a súa inscrición segundo o formulario nas oficinas do concello como data límite o 9 de decembro.

Os establecementos enviarán unha única fotografía do escaparate ao seguinte enderezo: aedl@xove.es antes das 24:00 horas do día 9 de decembro.

Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo e haberá un premio de 300 euros para o mellor escaparate.