Skip to main content
Axenda Caducada

O Iescha proxecta este venres o filme Negro Púrpura

Por 1 Novembro, 2021Novembro 5th, 2021Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e a Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan para o venres 5 de novembro de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película-documental Negro Púrpura, producida por Illa Bufarda e dirixida por Sabela Iglesias e Adriaan P. Villanueva.

O acto dará comezo ás 20:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.

Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.