Skip to main content
Axenda Caducada

O SLG organiza unha xornada en Mondoñedo sobre Alternativas produtivas no monte

Por 4 Novembro, 2021Novembro 6th, 2021Sin comentarios

O SLG organiza unha xornada formativa sobre Alternativas produtivas no monte, e realizarase o día 6 de novembro no centro comarcal da Mariña central en Mondoñedo.

A xornada dará comezo ás 10.00 con Diego Sánchez, e seguirá cunha charla sobre Produción de shitake en troncos a cargo de Amanda López. Ás 12.15 horas será a de Aproveitamento de cogumelos no CMVMC de Figueiras, a cargo de José Luis García, e acto seguido a de Identificación de cogumelos con Óscar Lugrís.

Xa pola tarde haberá unha saída ao campo con José Luis García e Óscar Lugrís para explicar e identificar os diferentes cogumelos.

Para participar haberá que cubrir un formulario de inscrición e para máis información será necesario poñerse en contacto no email avillarino@mundo-r.com ou no teléfono 630 970 132.