Skip to main content
Axenda Caducada

En novembro seguen as visitas guiadas polo Concello de Alfoz

Por 10 Novembro, 2021Novembro 20th, 2021Sin comentarios

O sábado 20 de novembro, ás 16.00 horas levarase a cabo unha nova visita guiada de arte e historia para dar a coñecer os numerosos recursos do Concello de Alfoz.

Nesta ocasión será a Igrexa de Santa María de Bacoi e a Capela do Santiago de Lagoa, de man da catedrática de Historia da Arte da USC Dolores Barral.

Para participar en calquera destas visitas guiadas é necesario inscribirse previamente, para máis información teléfono 982 558 001 (ext. 2) e web municipal.