Skip to main content
Axenda Caducada

Alfoz acollerá un curso de adestramento físico e psíquico de prevención de violencia

Por 7 Novembro, 2021Novembro 12th, 2021Sin comentarios

A Secretaría Xeral de Igualdade ven de comunicar que Alfoz é un dos concellos elixidos para levar a cabo o Curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións.

O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.

Ata o 12 de novembro, as mozas e mulleres interesadas en participar poden poñerse en contacto no teléfono 982 558 001 (ext. 2) para organizar o grupo e horarios, que poden ser en 2 tardes ou ben un sábado en horario de mañá e tarde.