Skip to main content
Axenda Caducada

Viveiro promocionará a súa gastronomía e o seu atractivo histórico en Xantar

Por 3 Novembro, 2021Novembro 6th, 2021Sin comentarios

O Concello de Viveiro estará en Xantar 2021, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense, para promocionar o seu atractivo histórico e paisaxístico, a Semana Santa e a súa gastronomía.

O concello contará cun stand propio, no que durante os días da feira se difundirá o material de promoción turística do Concello. Jesús Fernández, teniente de alcalde, e Marisol Rey, concelleira de Turismo, asistirán á inauguración de mañá.

Marisol Rey manterá durante os días do salón reunións con varios tourperadores e o concello ofrecerá unha degustación gratuíta de merluza do pincho (cociñada en empanada) e o Pan dos Apóstolos (doce típico de Semana Santa).

O sábado, Jesús Fernández realizará unha intervención para presentar o municipio a todos os asistentes, dando a coñecer os seus principais recursos turísticos (patrimonio, natureza, gastronomía e festas).