Skip to main content
Axenda Caducada

Antonio de Vega Rodríguez estará este xoves na Pobra do Brollón

Por 3 Novembro, 2021Novembro 4th, 2021Sin comentarios

Este xoves 4 a Casa da Cultura da Pobra do Brollón acolle a charla O territorio de Galicia: 60 anos de crise, a cargo do profesor da USC Antonio de Vega Rodríguez.

A entrada é libre ata completar a capacidade e dará comezo ás 20.15 horas.

A charla parte da consideración de que o territorio é unha construción social que nestas terras ten o seu inicio hai  aproximadamente 8.000 anos, houbo períodos nos que esta construción, esta transformación do medio físico foi  previsible, foi normal.

Dende que Galicia conta con entidade político-administrativa, o Reino de Galicia, s.X, ate  mediados do s.XX, pode considerarse que se rexeu por esta normalidade, o que por outra banda significa unha  anormalidade, xa que a 1ª Revolución Industrial, segunda metade do século XVII e a 2ª RI, último cuarto do s.XIX,  non tiveron implantación neste territorio, permanecendo ate ben entrado o s.XX como un “antigo complexo  agrario”, alleo a evolución do seu contexto cultural.