Skip to main content
Axenda Caducada

Novas xornadas micolóxicas no Concello de Sarria

Por 7 Novembro, 2021Novembro 14th, 2021Sin comentarios

A asociación micolóxiga A Muiñeira de Sarria xa ten data para levar a cabo as xornadas micolóxicas. As saídas ao campo con expertos en cogomelos serán os días 13 e 14 deste mes.

A primeira ruta realizarase en Láncara e conta coa colaboración da asociación Val de Láncara. A segunda ruta, se as condicións meteorolóxicas o permiten, será no concello de O Courel.

O punto de saída será o Bar Tino de As Insuas ás 9.30 horas o día 13 e ás 9.00 horas o día 14.

Cada participante deberá levar a súa propia comida e transporte.