Skip to main content
Axenda Caducada

Ourol acolle un curso para persoas coidadoras

Por 10 Novembro, 2021Novembro 18th, 2021Sin comentarios

O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organiza o curso Coidando o coidador.

Os obxectivos do curso serán formar a coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de axudas técnicass que faciliten a súa labor. Previr o síndrome do coidador e codependencia nos familiares e coidadores e o estrés e sobrecarga na persoa coidadora.

Este curso terá lugar o día 18 de novembro ás 16:30 horas no Edificio Multiusos. Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden chamar ós teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 para anotarse.