Skip to main content
Axenda Caducada

Este sábado comezan os eventos de Barreiros Feminino Plural cunha obra de teatro

Por 10 Novembro, 2021Novembro 13th, 2021Sin comentarios

Este sábado comezan os eventos que as áreas de igualdade e dinamización do Concello de Barreiros programou co obxectivo de visibilizar e desbotar da sociedade todo tipo de violencias así como conmemorar o 25N, Día internacional contra a violencia de xénero.

Para inaugurar o programa, Barreiros Feminino Plural, ninguén mellor que a AdaoemamAMariña (Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña), exemplos de superación diaria que representarán a obra de teatro contra o bullying Eres Único.

Será o sábado 13 de novembro ás 18.00 horas dende os Colexios Vellos de San Miguel.