Skip to main content
Axenda Caducada

A 71 Sesión Científica terá lugar no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel

Por 14 Novembro, 2021Novembro 15th, 2021Sin comentarios

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel será o escenario escollido para levar a cabo a 71 Sesión Científica que terá lugar entre o 26 e o 28 de novembro.

A organización correrá a cargo de Daniel Ballesteros da Universidade de Granada, Martín Alemparte e Irene Pérez Cáceres membros do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel e Irene de Felipe da Universidade de Salamanca.

O programa do venres 26 engloba as comunicacións e conferencias na Estación Cientifica de Coural, que a Universidade de Santiago de Compostela ten en Seoane do Courel.

O 27 de novembro realizarase unha saída de campo ao Xeoparque para visitar lugares de interés xeolóxico.

O domingo 28 haberá unha saída aberta a todos os públicos.

Esta sesión será financiada polo Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel e polo Grupo de Desarrollo Rural Ribeira Sacra-Courel.