Skip to main content
Axenda Caducada

Segue aberto a inscrición para o curso de defensa persoal e autocapacidades de Alfoz

Por 17 Novembro, 2021Sin comentarios

A Secretaría Xeral de Igualdade ven de comunicar que Alfoz é un dos concellos elixidos para levar a cabo o Curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións.

O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita e é totalmente gratuito.

Realizada unha pre-inscrición para formar grupo, fixouse a data e horario de realización: sábado 15 de xaneiro de 2022, de 10:00h a 14:00h e de 16:30 a 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural e no Pavillón Municipal de Alfoz.

As mulleres e mozas interesadas que non se anotaran antes do 12 de novembro, poden poñerse en contacto coa Área de Igualdade do Concello de Alfoz no tfno. 982 558 001 (extensión 2) para informarse e/ou inscribirse no curso posto que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles.