Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Chantada acolle un obradoiro este sábado na Biblioteca

Por 19 Novembro, 2021Novembro 20th, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada acollerá este sábado 20 de novembro un obradoiro-contacontos a cargo de Anxo Moure de Contos Solidarios.

A actividade dará comezo a partir das 12.00 horas. É preciso inscribirse previamente e pode facerse na Casa da Cultura ou chamando ao número 982 441 752.

Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Chantada e CIM o Centro de Información ás Mulleres de Chantada.