Skip to main content
Axenda Caducada

A obra Cousas de bares chega ao local social de Vilaronte

Por 20 Novembro, 2021Sin comentarios

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares” no local social da Asociación Cultural O Castro de Vilaronte. Poderase desfrutar deste obra o sábado 20 ás 20.00 horas.

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!