Skip to main content
Axenda Caducada

A local social de Cangas en Foz acollerá a comedia Vaia faena a corentena

Por 20 Novembro, 2021Novembro 21st, 2021Sin comentarios

O grupo O Centino representa Vaia faena, a corentena, no Local Social de Cangas. Será o domingo 21 d enovembro ás 19.00 horas.

A obra trata sobre un lugar calquera de Galicia, en plena corentena, os veciños asómanse cada día ás súas ventás a aplaudir a incansable labor dos sanitarios, convertíndose os balcóns nunha nova rede social entre veciños. Esta obra é un reflexo da nosa sociedade na corentena, nos tempos nos que aprendemos a apreciar o valor do papel hixiénico e dos cubrebocas, dos tempos nos que nos decatamos do xuntos e do separados que estamos daqueles que nos rodean.