Skip to main content
Axenda Caducada

Meira conmemora o 25N cunha concentración

Por 22 Novembro, 2021Novembro 25th, 2021Sin comentarios

Meira vestirá de negro contra as violencias este xoves, 25 de novembro, un ano máis. Así, está prevista unha concentración ás 11.00 horas na praza do Concello.

Nesta actividade reivindicativa haberá lectura de manifestos e intervencións dos alumnos e alumnas dos distintos centros educativos. Así está confirmada a participación de varios grupos do CEIP Poeta Avelio Díaz, o IES Pedregal de Irimia e dos usuarios da escola de música local.