Skip to main content
Axenda Caducada

Cospeito celebra este sábado a Feira do Porco de Ceba

Por 25 Novembro, 2021Novembro 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Cospeito vivirá este sábado, 27 de novembro, unha nova edición da Feira do Porco de Ceba, a XXXII, que recupera a tradicional programación e que contará con diferentes actividades complementarias en Feira do Monte.

Esta tradicional celebración desenvolverase na praza da feira nunha carpa instalada para tal fin e na que haberá premios aos mellores exemplares e un agasallo para cada gandeiro participante.

Entre os asistentes sortearase unha parella de porquiños e unha cesta de Nadal e haberá tamén degustación de produtos típicos do porco.

Paralelamente, haberá outro tipo de actividades. Así, abrirase ás 10.00 horas o apartado musical con pasarrúas a cargo do grupo local Asubíos da Chaira. Despois, ás 12.00. horas, na casa da cultura, para os nenos poderá verse o espectáculo Os Bolechas fan o camiño marciano.

Xa pola tarde, ás 20.30 horas terá lugar o festival da Feira do Porco co actuación de Asubíos da Chaira e as corais de Taboada e Virxe do Monte de Cospeito.

Ambas as dúas actuacións serán de balde.