Skip to main content
Axenda Caducada

Celebran unha charla sobre a tarifa eléctrica en Xove

Por 24 Novembro, 2021Novembro 26th, 2021Sin comentarios

A veciñanza de Xove poderá asisitir a unha charla para informar sobre a nova tarifa eléctrica. Será o venres 26 na aula de formación do Concello de Xove, diante ao xeriátrico.

Convidaron a Xosé Manuel Golpe, técnico da Axencia Provincial da Enerxía da Coruña, para desentrañar o sistema eléctrico, dende a producción ata a factura que nos chega ás casas.

A charla terá lugar ás 20.00 horas e ten como obxectivo resolver dúbidas e comprender a faactura da luz e como afecta a nova tarificación.