Skip to main content
Axenda Caducada

Concentración contra a violencia machista en Vilalba

Por 25 Novembro, 2021Sin comentarios

Un ano máis, a asociación Feministas da Terra Chá, en colaboración co colectivo vilalbés, convoca unha concentración contra a violencia de xénero, tal e como outros colectivos realizaran no resto de Galicia.

Esta concentración terá lugar este xoves, ás 20.30 horas na praza da Constitución vilalbesa na que será obrigado o uso de máscara e de distancia social para evitar a propagación do virus.