Skip to main content
Axenda Caducada

Hipócrita Teatro subirá ao escenario no Vicedo para a estrea da súa nova obra

Por 25 Novembro, 2021Novembro 27th, 2021Sin comentarios

Ao abeiro do circuito de teatro afeccionado 2021 da área de cultura  da Deputación de Lugo, e por mediación da Asociación de Veciños  de San Román do Vicedo, este sábado 27 ás 18.00 horas na Casa da  Cultura do Vicedo, Hipócrita Teatro representará Casting. 

Varias actrices compiten por un único papel cinematográfico.  Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do  absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol. 

 

 

O domingo 3 de outubro ás 19.00 horas Hipócrita Teatro subirá a o seu escenario para a estrea da súa nova obra Casting, que tamén tivo que ser adiada por problemas de saúde dunha das actrices.

Casting é unha parodia dos estereotipos femininos no cine de Hollywood, dirixida por Elea López e protagonizada por María García, Marta Arias e Natalia Fernandez, con Juan Rivas no papel de productor e ós mandos da técnica.

As entradas custan 3€ e poden reservarse na web de Hipócrita https://hipocritateatro.org/local-hipocrita/