Skip to main content
Axenda Caducada

A divertida comedia de Luís Iglesia e Marcos Orsi chega a Burela

Por 25 Novembro, 2021Novembro 27th, 2021Sin comentarios

A obra Conexión Pingüín chega á casa da cultura de Burela o sábado 27 de novembro ás 20.30 horas. É unha divertida comedia protagonizada por Luis Iglesia e Marcos Orsi que fala da incomunicación entre os seres humanos.

Os dous actores metéranse na pel de dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, que tratan de chegar á Antártida, loitando contra as inclemencias polares, a falta de escolta, o descoido mortal e as súas propias barbas, que non paran de crecer.

A posta en escena mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, cordas enredadas, un mapa, un compás ou un gps para reforzar un relato sobre a falta de comunicación nunha sociedade cada vez máis conectada.

As entradas para este espectáculo terán un prezo de 4 euros.