Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba acolle o sábado unha xuntanza de escolas de rugby

Por 26 Novembro, 2021Novembro 27th, 2021Sin comentarios

Vilalba acollerá este sábado, unha xuntanza de escolas de rugby baixo o slogan Rugby no rural, evento organizado polo Capóns Vilalba Rugby Club, de recente fundación.

O obxectivo desta xuntanza é dar a coñecer este deporte entre os veciños de Vilalba, onde se está a implantar como actividade extraescolar este ano.

Así, está prevista a participación de 70 pequenos de entre 5 e 12 anos pertencentes aos clubs máis destacados da provincia, como son o BeOne de Ribadeo, o Asterix de Viveiro, o Landrús de Sarria ademais dos veciños Sumi XV e o Fendetestas das Pontes.

Esta sesión está dirixida aos rapaces das categorías M6, M8, M10 e M12 e concentraranse no campo anexo do Estadio Madalena