Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan obradoiros de cerámica en Roupar e Momán

Por 29 Novembro, 2021Decembro 11th, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza dous novos obradoiros de iniciación á cerámica que se desenvolverán en dúas sesións diferentes en Roupar e Momán.

Os dous talleres serán os sábados 4 e 11 de decembro, con horario de mañá (11.00 a 13.00 horas) no local da asociación veciñal de O Campo de Roupar, e pola tarde (de 16.00 a 18.00 horas) na casa escola de Momán.

Os obradoiros terán un aforo limitado polo que a admisión será por orde de inscrición con prioridade para os veciños empadroados no termo municipal. Os que queiran informarse poden facelo no 678 744 178. O prazo de inscrición remata o 2 de decembro.