Skip to main content
Axenda Caducada

Nova Galega de Danza estrea Credo nas Pontes

Por 29 Novembro, 2021Decembro 3rd, 2021Sin comentarios

A compañía Nova Galega de Danza, dirixida polo coreógrafo, bailarín e director da escola municipal de danza das Pontes, Jaime Pablo Díaz, elixiu o este municipio para estrear seu novo espectáculo.

Credo é unha peza de danza itinerante concibida para a súa representación en espazos naturais do territorio galego, concretamente nos cruces de camiños, sinalados cos cruceiros que salpican a paisaxe de Galicia e cuxa presencia de pedra acompaña ao camiñante ao longo de todo o Camiño de Santiago.

Unha viaxe interior que toma a poética de Celso Emilio Ferreiro como referente artístico e conceptual, e que quere representar a andaina vital do Ser humano a través do movemento a exploración e o cuestionamiento de si mesmo e da realidade.

Credo combina danza, música, declamación e escritura nun espectáculo que recolle seis momentos da obra, Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro representados nos poemas O Reino, Mentras imos andando, Libremente, Soldado, Credo e Son un pasmón.

A representación terá lugar o venres 3 de decembro, ás 21.00 horas no auditorio Cine Alovi.