Skip to main content
Axenda Caducada

Rábade organiza un obradoiro de educación sexual para pais

Por 29 novembro, 2021decembro 2nd, 2021Sin comentarios

O centro sociocultural de Rábade acollerá o día 2 de decembro un obradoiro de educación emocional e sexual dirixido a nais e pais e organizado polo servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

A formación terá lugar entre as 17.00 e as 18.30 horas do xoves 2 e ten como obxectivo crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa ou xuízos de valor; ademais de dotar de coñecementos básicos para a educación sexual e contrución de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación de fillos e fillas. Estará impartido polo Centro Querote+ de Lugo.

A inscrición pode realizarse no mail prevenciondrogas@rabade.org remitindo nome e apelidos, enderezo, teléfono e DNI.