Skip to main content
Axenda Caducada

Nova edición das Xornadas da Faba Verdina de Mondoñedo

Por 29 Novembro, 2021Decembro 5th, 2021Sin comentarios

Os vindeiros días 3, 4 e 5 de decembro de 2021 terá lugar en Mondoñedo a terceira edición das Xornadas da Faba Verdina no que se poderán degustar diversas preparacións da faba verdina, en tapa, nos locales da hostalería de Mondoñedo.

Esta actividade preséntase como unha oportunidade única de poder achegarse a coñecer un produto local de gran calidade e cultivado na nosa zona.

Os locais participantes nesta edición serán: A Cova, A Tasca, Bodegón a Catedral, Café Bar Castro, O Padornelo, O Palique, O Porriño, Viñoteca O Petisco e Viñoteca Segundo.

Os horarios para poder degustalas, de xeito gratuíto, serán o venres, día 3 de decembro, dende as 20.00 ás 23.00 horas, o sábado, día 4, dende as 12.00 ás 15.00 e dende as 20.00 ás 23.00 horas e o domingo, día 5, dende as 12.00 ás 15.00 horas.