Skip to main content
A Fonsagrada

Os Bolechas fan o Camiño Marciano estará na Fonsagrada

Por 1 Novembro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Os Bolechas fan o Camiño Marciano no Concello da Fonsagrada, baixo este pretexto o salón de actos dos Chaos acollerá este espectáculo ás 18.00 horas o día 26 de novembro.

Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro. Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas. Deben repetir algunha? Ou poden, quizais, crear unha nova?