Skip to main content
Axenda Caducada

Chega ao MIHL a exposición Cartela B

Por 12 Novembro, 2021Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou a exposición Cartela B, que chega ao MIHL para recompilar os distintos murais realizados durante o Combate Mural que deu inicio á segunda edición do festival de arte Culturban o pasado 21 de agosto.

Maite Ferreiro explicou que “co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza”.

Esta exposición contará cos traballos murais que se elaboraron ao aire libre e que contou como taller de traballo, como lenzo e como galería a cidade de Lugo.

A exposición estará aberta ao público até mediados de xaneiro do 2022, e contará con actividades e obradoiros arredor da mesma, organizados dentro da programación habitual do MIHL. Ademais, contará cunha proxección contínua dunha peza documental sobre o combate mural.

II Combate Mural

A área de Cultura e o espazo LUPA Arte deron comezo á segunda edición do Culturban o pasado 21 de agosto coa realización do II Combate Mural, que reuniu en Lugo a 10 muralistas seleccionados pola súa traxectoria artística.

Os tres premios deste combate mural foron para Eduardo Baamonde, Juan José López (Lomarti) e Isabel Seidell, que competiron no Combate Mural xunto con Miguel Ángel Macía, Manuel Cajaraville, Edu Fernández García-Gesto, León Comesaña, Gema López, Iván Mouronte e Dani Vera.