Skip to main content
Axenda Caducada

O BNG organiza unha nova charla feminista sobre a diversidade sexual

Por 26 Novembro, 2021Novembro 30th, 2021Sin comentarios

O BNG continúa co ciclo de charlas feministas cunha nova sesión baixo na que se afondará sobre a diversidade sexual.

A charla será presentada pola Vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, e contará coa participación da mestra de educación infantil Ánxela Montero e con Laura Bugalho, sindicalista, activista e transfeminista

Esta nova charla celebrarase o vindeiro martes 30 de novembro a partir das 19:30 no Centro Social Uxío Novoneyra.

Ata a data de hoxe os encontro feministas promovidos polo BNG e Galiza Nova foron os seguintes:

7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa González Piñeiroa e Olalla Rodil
19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas
27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira
29 de setembro de 2017 ventres de alugueiro con María Reimóndez e Olalla Rodil
20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.
13 de marzo de 2018 As mulleres no mundo laboral, Dalila Dopazo (xuíza), Marta R. Engroba (presidenta da asociación Si, hai saída), e Raquel Grandio (orientadora laboral de COGAMI).
25 de setembro de 2018 Coñecendo a endometriose, Andrea López (representante de QUERENDO – Mulleres con endometriose), Chus Méndez (xinecóloga)
24 de setembro de 2018 vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo, Pilar García Negro
20 de febreiro de 2019 A cultura da Violación, Olalla Rodil e Iria Fernández (mestra).
26 de novembro de 2019 Arte e feminismo, Luz Darriba (artista multidisciplinar) e Mónica Alonso (artista plástica)
3 de marzo de 2020 Educación en igualdade, Mari Blanco (mestra) e Laura Pardeiro (psicóloga)
8 de marzo de 2021 Traballos e coidado en tempos de pandemia, Cristina López (concelleira de Mercados en Lugo) e Ximena González (traballadora do SAF)
8 de xuño de 2021 Atención ás víticmas no ámbito xudicial, Marta Abuín (Traballadora Social), Ana Jartín (psicóloga da oficina de atención ás Vítimas) e Marta Rivas (psicóloga do IMELGA)

Vídeo sobre o 25N

Preto dunha vintena de mulleres do BNG, entre as que se atopan cargos orgánicos e institucionais da fronte, participaron nun vídeo que ten como obxectivo afondar na necesidade do feminismo para acadar a igualdade entre homes e mulleres.

O vídeo pode verse nas redes sociais do BNG de Lugo e a través da páxina de youtube.