Skip to main content
Lugo

A Muralla celebra hoxe o 21 aniversario como Patrimonio da Humanidade

Por 30 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo celebra hoxe o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. As actividades terán lugar durante esta tarde e contarán con poesía e música para celebrar esta data tan importante para os veciños de Lugo.

As actividades comezarán ás 17:00 horas, o coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes actuará na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros.

A partir das 19:00, sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contará coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.