Skip to main content
Uncategorized @gl

Primeiro falecido con covid na sexta vaga

Por 30 Novembro, 2021Sin comentarios

A covid volve a valores de crecemento propios de anteriores vagas aínda que de forma máis lenta debido ao elevado índice de vacinación. O virus ten especial relevancia entre os máis mozos, que son o colectivo que aínda non ten a vacina. Ademais, produciuse o primeiro morto desta sexta vaga.

Hoxe hai 490 casos activos, 15 máis que onte, cun rexistro de 31 novos positivos e 13 altas. Onte houbo 27 máis, con 39 novos contaxios e 12 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.632 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha máis que onte, a primeira desta sexta vaga, unha muller de 92 anos no hospital da Mariña.

A presión hospitalaria sobe un pouco máis. Hai un ingresado en UCI de Lugo e catro pacientes en planta, 3 no Hula e 1 na Mariña.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Tras a pausa da fin de semana volven a crecer os contaxios e a expansión por toda a provincia con especial incidencia nas vilas máis poboadas. Xa son 29 os concellos limpos de virus.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 17 casos (2 menos).
  • Ribadeo aumenta 1 enfermo ata 17.
  • Foz xa está por debaixo de 10.
  • Por debaixo de 10: Xove, O Valadouro, O Vicedo, Barreiros, A Pontenova e Burela.
  • Unha semana sen casos: Mondoñedo. Únese Alfoz.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 21 contaxiados (6 máis).
  • Outeiro de Rei reduce a 20 enfermos (1 menos).
  • A Pastoriza chega aos 10 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, Xermade, As Pontes e Pol.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Begonte e Meira.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras e Rábade. Únese Guitiriz.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 1 caso máis ata 20.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela e O Páramo
  • Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo contén o crecemento con 203 contaxios (2 máis).
  • As Nogais segue con 12 positivos.
  • Navia de Suarna volve ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Portomarín, Castroverde, Guntín e Cervantes.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Palas, Antas e Pedrafita.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Monterroso, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • En Chantada soben a 24 contaxios (2 máis).
  • Monforte aumenta a 16 casos (2 máis).
  • O Saviñao chega a 12 enfermos (2 máis).
  • Quiroga volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Sober, Pantón e Ribas de Sil e Taboada.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.