Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca SARRIAXA

320 deportistas participarán no evento EcoCamiño que será o 6 e 7 de novembro

Por 1 Novembro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O evento deportivo Ecocamiño en dúas distancias, tanto competitivas como enfocadas en camiñantes e acompañantes. O Ecocamiño é un evento único a nivel mundial pola súa combinación de deporte, cultura, historia, gastronomía, espiritualidade e ecorresponsabilidade. Celebrarase os días 6 e 7 de novembro.

O Ecocamiño, reúne a 320 deportistas de todas as comunidades autónomas españolas, así como de países europeos como Alemaña ou Portugal, ademais de varios países de América Latina.

O percorrido, terá dous formatos: un trazado de 110 quilómetros entre Sarria e o monte do Gozo -que atravesará por Palas de Rei- e outro que partirá dende Melide e percorrerá os 47 km que o separan do monte do Gozo. Os premios entregaranse na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o mesmo domingo ás 12 da mañá.

Os participantes, divídense por igual entre ambas as dúas modalidades. A metade deles partirá de Sarria o sábado 6 ás 9 da mañá, mentres o resto fará o propio dende Melide na mesma data ás 12.00 horas da mañá. Os participantes que partan de Sarria contarán con 5 avituallamentos, e con 2 as persoas que partan de Melide. Nos avituallamentos, terase en conta os produtos gastronómicos das distintas localidades de paso.

As inscricións poden facerse neste ligazón.

No evento de presentación estiveron presentes José Manuel Pérez, alcalde de Melide, localidade que acolleu o acto de presentación; Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei; Cristina Capelán, deputada de Deportes da Deputación da Coruña. Igualmente participaron, os concelleiros de Melide José Prado, responsable da área de Deportes, e Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica, e mais o edil de Deportes de Sarria, Félix Seijas.