Skip to main content
Comarca LUGOXA

Celebran unha degustación de tenreira nos Ancares no aniversario do programa Mab

Por 7 Novembro, 2021Sin comentarios

O deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participou este sábado na I Xornada de degustación da Tenreira Galega en San Román de Cervantes organizada pola anpa do CPI Cervantes e a cooperativa A Carqueixa.

A cita desenvolveuse no marco do programa de actividades da Deputación de Lugo con motivo do 50 aniversario do programa Home e Biosfera (Mab) da Unesco, que promove e ampara as Reservas da Biosfera, e contou cunha axuda da institución provincial de 5.600€.

No Polideportivo do centro educativo do concello ancarés tivo lugar tamén este sábado a IX Feira de Artesanía, polo que a xornada contou con obradoiros, mostras e diferentes actuacións.