Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca TERRACHÁXAFriol TERRACHÁXA

O GDR4 inviste 470.000 euros en axudas a proxectos da comarca de Lugo

Por 10 Novembro, 2021Sin comentarios

O Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo aprobou na súa última Xunta Directiva as axudas solicitadas polas persoas empresarias, emprendedoras, asociacións e entidades locais que presentaron as súas solicitudes en 2021-2022 dentro das zonas rurais Leader que xestiona os municipios de Castroverde, Friol, Outeiro de Rei, Guntín, Rábade, O Corgo e a zona rural de Lugo.

Segundo o presidente, o alcalde de Friol, José A. Santos, en total aprobáronse axudas por un importe de 470.124,84 euros, todas elas destinadas a loitar contra o despoboamento e dinamización de zonas rurais que son dúas dos principais obxectivos deste grupo.

Estas subvencións son do 50% ao 90% a fondo perdido do orzamento total elegible de cada proxecto.

Estas axudas, tramitadas e xestionadas polo GDR, están financiadas nun 75% polo Feader, Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural; un 2,5% polo Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación; e un 2,5% pola Agader.

Na convocatoria 2021-2022 (última ata o momento deste período) disponse dun orzamento equivalente ao das axudas concedidas, unha cifra totalmente insuficiente para o montante de proxectos solicitados a través de GDR Comarca de Lugo.

Os investimentos en dinamización rural desde a creación do GDR4 Comarca de Lugo ascenden a 3.048.179,73 euros.

Con independencia do plan Leader, o GDR4 participa en iniciativas tanto a nivel galego como a nivel estatal, estando adherida á Rede de Normalización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tamén están involucrados na loita contra a violencia de xénero organizando talleres e actividades a prol desta iniciativa e a identificar situacións deste tipo no ámbito rural e este ano organizaron unha serie de actividades formativas coa colaboración de Agacal como inseminación de gando bovino, curso de aplicador de produtos fitosanitarios, transporte no benestar animal, iniciación e mellora da gandería de vacún de carne e iniciación e mellora da gandería de ovino/cabrún.