Skip to main content
Axenda Caducada

A ITV agrícola estará en Antas de Ulla en decembro

Por 7 Novembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Antas de Ulla no mes de decembro, en concreto os días 16, 17, 20, 21, 22 e 23.

A unidade prestará servizo no antigo Cemiterio de Antas de Ulla dende as 09.00 ás 13.30 e de 15.30 a 18.00 horas e o día 17 de decembro tan só en horario de mañá de 09.00 ás 13.30 horas.

Aqueles que no ano 2020 pasaran a inspección en setembro deberán acudir tamén nestas datas, xa que a unidade móbil non visitará o Concello novamente ata o ano 2022.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.