Skip to main content
Becerreá

O PSdeG de Becerreá denunciou que o Alcalde non quixo debater a moción para manter a sede do GES

Por 27 Novembro, 2021Sin comentarios

O PSdeG de Becerreá denunciou onte que o Alcalde non quixo debater na sesión plenaria celebrada no Concello, unha moción “coa que reclamamos que se siga mantendo a sede do GES en Becerreá e que se conserven os empregos que xera este servizo”.

A voceira socialista, Ana Rubinos explica que “rexistramos esta iniciativa polo tramite da urxencia, ao estar xa convocado o pleno. Pero unha vez máis o nulo talante democrático do Alcalde privounos de debater sobre este asunto tan importante para o Concello e para a Comarca. Esta situación levounos a pedir a dimisión do Alcalde nesta mesma sesión plenaria, xa que negouse a defender os intereses das familias e dos traballadores afectados, así como da veciñanza”.

Dende o PSdeG defendemos dende un principio “que se buscase un modelo garantista e profesional, tanto a nivel laboral como a nivel xurídico, para a prestación do servizo de emerxencias dende o concello para os veciños da propia localidade e de toda a comarca da Montaña”. Por iso insistimos na nosa reclamación a través desta moción “necesitamos un Alcalde que traballe polo futuro do noso Concello, que xestione, que traballe e que no dea as costas á veciñanza. Non podemos quedarnos de brazos cruzados, como fai o Alcalde, mentres se perden servizos na nosa Comarca”, dixo.

“Parécenos gravísimo o peche deste servizo, pero queremos avanzar que vamos a seguir traballando para reverter esta situación. O PSdeG estará sempre ao carón dos traballadores e traballando sempre para defender os servizos da nosa Comarca”, remarcou Rubinos.