Skip to main content
Castroverde

O Concello de Castroverde convoca un Concurso de Escaparates de Nadal 2021

Por 26 Novembro, 2021Novembro 28th, 2021Sin comentarios

O Concello de Castroverde convoca un Concurso de Escaparates de Nadal 2021. O obxectivo principal desta iniciativa é a de potenciar a imaxe dos establecementos comerciais a través dos seus escaparates durante as festas de Nada, contribuíndo así á mellora da ambientación de Nadal das rúas comerciais.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais do municipio de Castroverde que teñan escaparate exposto á rúa. Cada establecemento só poderá participar no concurso con un único escaparate.

A decoración dos escaparates mostrarán unha composición ou ambiente propio do Nadal, sendo de total liberdade a técnica e o estilo utilizado. Cada establecemento denominará con un título a decoración do seu escaparate.

Xurado
O xurado estará formado por varias persoas do Concello de Castroverde que poderán visitar os escaparates participantes (sen previo aviso) para valoralos in situ segundo os criterios das bases. O xurado poderá declarar deserto algún dos premios por falta de participantes ou por considerar que ningún dos traballos presentados reúne os méritos ou calidade suficientes para ser premiados.

Criterios de puntuación
Os membros do xurado valorarán a decoración de cada escaparate segundo o deseño do escaparate obedece á temática de Nadal e os elementos están ordenados de forma que facilitan a súa visión seguindo un estilo e estrutura.

– A localización dos elementos da sentido ó resto e ó escaparate no seu conxunto.
– O escaparate dispón dunha boa iluminación
– Proporciona unha mensaxe ou idea
– Orixinalidade
– Grado estimado de traballo na realización do escaparate

Os interesados en participar neste concurso deberán realizar a súa inscrición segundo o formulario nas oficinas do concello como data límite o 15 de decembro. No momento de presentar a súa solicitude de inscrición daráselle un cartel anunciador que o acredita como participante neste concurso e que deberá colocalo nun lugar visible do escaparate. Tanto este cartel como a decoración do escaparate deberá manterse dende o día 15 de decembro ata o 7 de xaneiro.

Premios
Os comercios participantes optarán ós seguintes premios:
– Primeiro premio: 300 € + diploma acreditativo
– Segundo premio: 200 € + diploma acreditativo
– Terceiro premio: 100 € + diploma acreditativo

Os premios non son acumulables e terá que ser invertido en un ou varios dos comercios participantes no concurso de escaparates deste ano (sempre que non sexa o propio) e cando participen polo menos 3 establecementos (de non ser así poderá gastalo en calquera dos establecementos comerciais do concello) e será xustificado entregando 1 ticket/ factura (ou varios) de compra que sumen o importe do premio obtido (aceptaranse soamente os tickets/facturas que teñan como data entre o 23 de decembro e o 31 de xaneiro) . O prazo para xustificar este gasto remata o 31 de xaneiro (se non se xustifica nese prazo o premio quedará anulado). Unha vez se xustifique o concello aboará á persoa gañadora o importe correspondente do premio obtido.

Publicación
O nome do/s establecemento/s gañador/es publicarase o día 23 de decembro na web do concello: www.concellodecastroverde.gal , así como tamén no facebook , xunto coa imaxe e o título do seu escaparate. Así mesmo tamén se fará público a través das páxinas anteriormente mencionadas unha imaxe da entrega dos diplomas aos titulares dos establecementos gañadores.