Skip to main content
Castroverde

Aberto o prazo de inscrición para as escolas deportivas de Castroverde

Por 26 Novembro, 2021Sin comentarios

Aberto o prazo de inscrición para as escolas deportivas municipais 2022 en Castroverde.

As actividades están orientadas a persoas maiores de 16 anos.

Ofertan ximnasia de mantemento que terá lugar os luns e os mércores de 21.00 a 22.00 horas no ximnasio do CPI de Castroverde.

O custo por cada alumno será de 15 euros ao mes. O mínimo de alumnos para levar a cabo a actividade será de 10 persoas e o máximo será de 25. As clases serán impartidas por Os Ventos Innovación en Servizos SL. Terá comezo o luns día 3 de xaneiro extendéndose ata finais do mes de maio.

Baile latino e de salón é a outra actividade dirixida para maiores de 16 anos, terá lugar os venres de 21.00 a 22.30 horas no ximnasio do CPI Castroverde e o custo por alumno será de 20 euros ao mes. Para poder ofertar esta actividade deberán apuntarse como mínimo 10 persoas e terá como máximo 40 participantes. As clases estarán impartidas por profesionais do Club Deportivo Ritmo Lugo Dance e darán comezo o venres día 7 de xaneiro ata finais de maio.

Os pagos das anteriores actividades deberán domiciliarse e o Concello efectuará o cobro nos 10 primeiros días de cada mes na conta que cada alumno indique.

No caso de que algún alumno se quixera dar de baixa nalgunha das actividades anteriores, deberá solicitalo antes de que comece o mes no que desexa darse de baixa, de non ser así, deberá efectuar igualmente o pago dese mes.