Skip to main content
A Fonsagrada

O PP insta ao Goberno da Fonsagrada a solicitar o GES para o Concello

Por 1 Novembro, 2021Sin comentarios

A esquerda ten unha contrastada querencia á creación de mensaxes que non se axustan a realidade e que repite ata a saciedade tratando de crear unha realidade paralela. Quizá para que non lle rompa a vitimista e falsa acusación á Xunta de falta de investimento no rural, o goberno socialista de A Fonsagrada está a punto de cometer un erro histórico e de moi graves repercusións para os veciños, afirma o portavoz popular, José Luis Regueiro.

Neste senso, o popular explica que “Aa Xunta intenta investir en A Fonsagrada e crear unha ducia de postos, a custo cero para o Concello, igual que está facendo con todos os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de toda Galicia. A Xunta intenta dar servizo aos veciños de A Fonsagrada en materia de emerxencias, que non teñan ningún tipo de carencia sanitaria, falta asistencial e o goberno de A Fonsagrada non quere que a Xunta invista cartos neste municipio. Non quere que os veciños de A Fonsagrada teñan os mesmos servizos que os dos outros concellos”.

Regueiro destaca que o goberno municipal leva por bandeira “o slogan, totalmente falso, de que a Xunta non inviste no rural, que acaba co rural; agora ten todo na súa man para que a Xunta dea este servizo e non o solicita”.

O portavoz popular di que os responsables municipais “deben rectificar a súa postura e solicitar o GES para A Fonsagrada, porque é beneficioso para os veciños e para a economía local. É un servizo imprescindible; que rectifiquen, que aínda están a tempo de evitar o maior erro do goberno socialista en A Fonsagrada”, sobre todo, engade, “para que non aconteza o que pasou no pasado con estes efectivos, quedando o noso municipio totalmente desprotexido”. A este respecto, Regueiro lémbralle que “goberna por pactos in extremis pero o sentir do municipio e dos veciños é de ter este servizo e non ser inferiores aos demais”.