Skip to main content
Lugo

Arroxo anuncia axudas para galeguizar as lápidas do cemiterio

Por 1 Novembro, 2021Novembro 2nd, 2021Sin comentarios

O tenente alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Participación Cristina López visitaron o Cemiterio Municipal nos días previos á festividade de Santos. Os edís anunciaron que de cara ao 2022 o Goberno de Lugo estuda “incorporar unha axuda a todas as persoas que desexen galeguizar as lápidas dos seus defuntos”, segundo explicou Rubén Arroxo.

O tenente alcalde explicou que “desde o Goberno de Lugo continuamos a realizar distintas campañas para promocionar o uso da lingua galega, neste caso, no Cemiterio Municipal, para garantir que todas as familias que o desexen poidan ter as lápidas dos seus defuntos en galego”. Arroxo afirmou que “desde o Concello de Lugo recollemos esta proposta, que xorde orixinalmente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística”, e anunciou a colaboración entre o Concello e esta asociación para levar adiante esta campaña.

O Goberno de Lugo poñerá 10.000€ a disposición das familias que o desexen, en forma de axudas de 200€ por lápida. O tenente alcalde anunciou que “esta partida formará parte dos orzamentos do 2022 e a campaña poñerase en marcha ao longo do vindeiro ano”.