Skip to main content
Lugo

A AC Lugo Sempre pide crear a Bienal Galega de Escultura, Paco Pestana

Por 3 Novembro, 2021Novembro 4th, 2021Sin comentarios

Dende a Xunta Directiva da Asociación Cultural Lugo Sempre veñen de acordar que van a solicitar a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo, e os concellos de Lugo e Castroverde, o financiamiento de premios e redactar as bases da convocatória da Bienal  Galega de Escultura, Paco Pestana.

Esta bienal será na honra do artista, “un home bo, recoñecido socialmente e, por suposto, artísticamente”, din dende a asociación. A sociedade luguesa deixou patente o seu sentir polo pasamento de Paco Pestana Díaz. 

“Facemos un chamamento a tódalas asociacións da cidade e da provincia a que se sumen a esta iniciativa de Lugo Sempre”, engaden.