Skip to main content
Lugo

En marcha a 15 edición do mercadiño de Nadal solidario, Diversiarte

Por 9 Novembro, 2021Sin comentarios

concelleira de Benestar, Olga López Racamonde vén de manter un encontro coaasociacións que integran o tecido social da cidade para abordar a recuperación, logo do paréntese que supuxo a pandemia, da feira solidaria Diversiarte.

“Lugo non entende un Nadal sen Diversiarte. Sen o enxeño das e dos creadores que, edición tras edición, nos sorprenden co seu traballo e cos seus deseños e coa que, dende o Concello, pretendemos axudar a difundir as grandes capacidades das persoas con diversidade funcional”, sinalou a edil.

Durante a xuntanza, que tivo lugar na Casa Clara Campoamor, acordouse retomar a celebración desta cita que cumpre xa 15 anos e que, como en anteriores ocasións, será en decembro.

A responsable de Benestar subliñou a oportunidade que suporá o evento para enxalzar o labor que todas estas entidades realizan no seu día a día, “abordando demandas e problemáticas moi diversas e para as que a chegada da crise sanitaria implicou un sobre esforzo á hora de combater a vulnerabilidade que sofren estes colectivos”, ao tempo que destacou a colaboración constante que o Goberno de Lara Méndez mantén con eles “non só coa realización desta actividade senón tamén dunha forma permanente na loita pola inclusión efectiva”.

“Para acabar coa invisibilidade da discapacidade cómpre promover a concienciación cidadá e avanzar no exercicio dos dereitos das persoas, de todas. Só así poderemos atopar a comprensión e tamén as axudas necesarias para acadar unha mellor calidade de vida para o conxunto da sociedade”, concluíu Olga López Racamonde.