Skip to main content
Lugo

María Xosé Porteiro presentou o seu libro #EuTamén

Por 18 Novembro, 2021Sin comentarios

O vello cárcere acolleu na xornada de onte a presentación do libro #EuTamén. Esta obra recolle unha escolma de setenta e sete traballos xornalisticos sobre o que ela mesma denomina como “a revolución feminista”

O título da obra lembra o hashtag #MeToo, que comezou a utilizarse en 2017 para denunciar os abusos sexuais no cinema estadounidense pero que acabou eclosionando a nivel mundial cun movemento social que non tivo paradigma, que mobilizou a millóns de persoas e que axudou a visibilizar aínda máis que as violencias machistas existen en todas as clases sociais, en todos os sectores e en todas as idades.

María Xosé Porteiro apostou sempre polo poder transformador da igualdade e pola súa importancia para o avance da humanidade; abriu camiños e é unha gran pioneira nos avances feministas.

Na obra abordanse aspectos coma os feminicidios, a linguaxe sexista, as multidiscriminacións de colectivos coma as mulleres con síndrome de Asperger, a trata e tráfico de mulleres para a prostitución ou o aumento da violencia sexual.

Na longa traxectoria desta xornalista e política, actual VIcevaledora do Pobo, recibiu senllos recoñecementos pola súa labor a prol do feminismo: en 2019, co premio 1º de maio de CCOO, e en 2020, co Ernestina Otero, da Comisión das mulleres do concello de Vigo. Desde 2017 dirixe o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura (CDIF-CCG) e nesta xeira participou en numerosos estudos e investigacións desde a súa comisión de Igualdade.