Skip to main content
Lugo

A CEL organiza unha xornada sobre Actualidade Empresarial en Materia de Prevención de Delitos

Por 19 Novembro, 2021Sin comentarios

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este xoves na apertura da xornada informativa Actualidade Empresarial en Materia de Prevención de Delitos e Cumprimento Normativo, organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo no marco do programa CEL Superación 2021, unha iniciativa desenvolvida grazas á colaboración da Deputación, que combina accións formativas, asesoramento ao empresariado en materia de axudas á recuperación pola Covid e a publicación web de datos estatísticos sobre a realidade socioeconómica da provincia.

Pablo Rivera destacou neste sentido “a liña de diálogo e colaboración permanente co tecido produtivo que nos axudou a afrontar mellor os retos que plantexou a pandemia, e demostrou que seguen sendo as mellores ferramentas coas que avanzar no camiño da recuperación económica”.

A xornada, impartida na modalidade presencial e online, levouse a cabo en horario matinal e contou con tres ponencias impartidas por expertos na materia sobre Responsabilidade penal e civil do empresario e a empresa, Igualdade e empresa. Estado da cuestión e Novidades en compliance para as empresas.