Skip to main content
Lugo

A XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental abre as inscricións

Por 19 Novembro, 2021Novembro 20th, 2021Sin comentarios

Abre o prazo de inscrición XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental – Gran Premio CaixaBank ata o 13 de decembro.

Con motivo dos protocolos COVID, a organización distribuirá os espazos convenientemente nunha zona próxima á saída e informará das quendas de saída, así como dos horarios na páxina web.

A carreira, estará limitada a 1.500 adultos e toda a información do evento estará dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com

A XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental – Gran Premio CaixaBank, ten aberta a súa inscrición ata o 13 de decembro. Todas as persoas interesadas poden anotarse, a través da páxina web: www.10klugomonumental.com.

O Concello de Lugo, co patrocinio de CaixaBank, organiza un ano máis a carreira popular Lugo Monumental, que xa ten aberta a súa inscrición. A saída para Adultos terá lugar as 11:00h na Avenida de Ramón Ferreiro, a carón da Praza Horta do Seminario cunha distancia aproximada de 10 km.

A día de hoxe e cos protocolos actuais, a previsión que ten a organización para poder participar na proba é a da obrigatoriedade da presentación do pasaporte Covid-19, e só, se a situación da pandemia empeora e as autoridades sanitarias así o esixen, se pedirá un test de antíxenos ou PCR válido nas 72h anteriores á proba, tal e como figura no regulamento da carreira.

Información de Interese para o Atleta

Servizos Médicos: A proba, conta con servizo médico situado na zona de meta xunto con dúas Ambulancias, unha situada na zona de meta e outra na zona intermedia do circuíto durante as probas.

Seguro: Todos/as os/as participantes, estarán cubertos/as por unha póliza de seguros de Responsabilidade Civil e accidentes.

LOPD: Todos/as os/as corredores, ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

Non se disporá por cuestións de precaucións sanitarias de gardarroupa, duchas nin vestiarios.