Skip to main content
LugoO Incio

Antonio Rigueiro Rodríguez nomeado presidente da Asociación Forestal de Galicia

Por 20 Novembro, 2021Novembro 21st, 2021Sin comentarios

O catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC Antonio Rigueiro Rodríguez orixinario de O Incio foi nomeado presidente da Asociación Forestal de Galicia (AFG) no marco da XXXIV Asemblea Xeral Ordinaria da entidade celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra. O novo presidente da AFG, quen exerce o seu cometido docente e de investigación na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, sucede no cargo a Francisco Fernández de Ana Magán.

A xunta de goberno da Asociación Forestal de Galicia presidida por Antonio Rigueiro está formada por Francisco Dans del Valle, que asume as funcións vicepresidente de Relacións Institucionais; Juan Ramón Gallástegui Otero, como vicepresidente de montes particulares, e José Luis Campos Represas, en calidade de vicepresidente de montes veciñais.

“Conformamos unha candidatura de continuidade, tanto respecto das persoas que estamos na xunta de goberno, como respecto das actuacións e proxectos a desenvolver”, sinalou Antonio Rigueiro, que salienta a “atención e a prestación de servizos aos preto de 1.300 socios da Asociación Forestal de Galicia” como un dos obxectivos do seu mandato.