Skip to main content
Lugo

Alfredo Conde presenta a súa última publicación ‘En canto a Fraga’

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

O Vello Cárcere acollerá esta tarde unha charla coloquio para presentar a última publicación do escritor Alfredo Conde “En canto a Fraga” un texto no que se relata a relación de amizade que mantivo o autor con Manuel Fraga e que termina de maneira abrupta no ano 2000.

A obra publícase simultáneamente en galego e en castelán.

O título do coloquio é “Respostas a preguntas nunca feitas”.

O acto dará comezo ás 20.00 horas no centro sociocultural do Vello Cárcere.